Federación de Administración Pública da CIG

Federación de Administración Pública da CIG



Concentracións de traballadores/as en edificios xudiciais contra o desmantelamento da Administración de Xustiza PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Setembro 2016 13:43

O sector de Xustiza da CIG critica que a Xunta do PP situou a Galiza á cabeza dos recortes nesta materia

As organizacións sindicais con presenza no sector da Xustiza realizaron este mércores concentracións diante de edificios xudiciais da Coruña e Lugo para denunciar o desmantelamento da xustiza por mor das políticas de recortes do PP, alertando da grave falta de medios humanos e materiais para garantir un servizo público de calidade.  Dende o sector de Xustiza da CIG engaden que “non existe unha política pública sobre a Xustiza en Galiza ao servizo da cidadanía”.
16-09-21 Conecentracion Audiencia A Corunha

As protestas realizáronse só na Coruña e en Lugo, xa que as concentracións que estaba previsto desenvolver en Pontevedra e Vigo foron denegadas pola Subdelegación do Goberno, quen alegou incumprimento no prazo de comunicación, "cando en ningunha ocasion anterior, a pesares de tampouco cumprir con ese prazo, se nos denegou nunca un acto deste tipo", sinalan dende CIG-Xustiza.

Porén, a Xunta de Persoal de Pontevedra entende que esta decisión é unha represalia pola denuncia presentada ante a Xunta Electoral Local de Vigo en contra a decisión da Consellaría de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza de publicitar, en plena campaña electoral, o gañador do proxecto da Cidade da Xustiza de Vigo. Denuncia que a Xunta Electoral estimou, obrigando a adiar a data de presentación dos proxectos até despois das eleccións, xa que entende que non se causa ningún prexuízo ao interese público xeral.

Así as cousas, o xoves, as mobilizacións continuarán nas cidades de Ourense e Ferrol.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 12 de 79
Joomla Templates: by JoomlaShack