Federación de Administración Pública da CIG

Federación de Administración Pública da CIG

Ligazóns sectores

Autonómica
Correos
Xustiza

Ligazons confederacion

CIG - Avantar
Forga
Saúde laboral
Fesga

Procurar no web

Novas dos Sectores

A Federación de Administración Pública da CIG está organizada en seis sectores: Autonómica, Correos, Estado, Local, Universidade e Xustiza (non todos os sectores teñen aínda web propio).

O que segue son as últimas novas publicadas por estes sectores nos seus respectivos webs. Se queres acceder a eles, preme na correspondente "ligazón sectores" da columna esquerda.


Partillar no Chuza!Partillar no DoMelhorPartillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no Buzz it!Partillar no Digg it!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
  • Análise do Acordo Asinado para o Persoal Laboral II parte

    CIG CORREOS 23 Jan 2019 | 10:52 am

    Imos continuar coa análise do Conseguido!!(vese que lles gusta a palabra) coa firma do Acordo plurianual 2018-2020 entre os sindicatos CCOO, UGT, CSIF e S.L. e Correos:Vamos ver un a un o CCOOnseguido por estes grandes negociadores:Conseguido!!:Que continuemos coa perda de postos de traballo en Correos. Venden a Consolidación de Emprego como unha panacea, sen embargo a realidade é que levamos perdidos 15 mil postos de traballo nos últimos 10. En Correos temos unha media de 2500-2400 xubilacións ao ano. Fagamos contas:Prazas convocadas 2017-2018: 4.055 Xubilación 2017-2018:                4.800 (no mellor dos casos) TOTAL                                      -   745 postos de traballo Debemos dicir ademais que desas 4.055 prazas convocadas non sabemos cantas serán de tempo parcial.E que ninguén se esqueza que os 2345 compañeir@s[…]

  • Nómina mes de decembro: Concepto 6187 "Devolución cota Paga Extra 2012"

    CIG CORREOS 22 Jan 2019 | 2:06 pm

    Moitas foron as consultas que recibimos con respecto a esta dedución a devolver. Esta cantidade a percibir correspóndese cos atrasos pendentes sobre a paga extraordinaria de decembro de 2012. O Goberno suprimiu esta paga para os empregados públicos pero mantívose o prorrateo nas bases de cotización do persoal laboral e eventual até que saíron as directrices de cotización no mes de outubro de 2012. Polo tanto, nos meses de xullo, agosto e setembro mantívose devandito prorrateo ata que se eliminou no mes de outubro das bases de cotización dos empregados. As cantidades a devolver oscilan entre os 30 a 40 euros.

  • MESA MUXEXU MADRID - XANEIRO 2019 - APROBACIÓN RPT

    CIG - Sector de Xustiza 22 Jan 2019 | 11:23 am

    Onte asistimos unha reunión na sede da Mutualidade, congratulándonos de que por fin se fixese a luz sobre un organismo que leva todos estes anos de democracia desenvolvéndose de xeito escuro; situación esta á que non se lle quere poñer remedio.Iniciada a reunión, con apenas documentación, esperabamos que se entrara nunha negociación da RPT das prazas da MUGEJU abertas ao persoal da Admón. de Xustiza. Se partimos da base de que no preámbulo do proxecto de Orde que nos foi entregado fálase da “especial cualificación das tarefas profesionais do persoal ao seu servizo”... e que “co devir do tempo deu lugar a un cadro de persoal conformado por persoal interino altamente cualificado”, temos o primeiro dato do que foi a[…]

  • NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

    CIG - Sector de Xustiza 22 Jan 2019 | 10:47 am

    Publicouse na INTRANET o día 17/01/2019 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 18, 21  e 22 de xaneiro.A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios:Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.galFax: 981546222Ligazón prazas en substitución:https://drive.google.com/file/d/1MRYIkTF1g3975gM9A_HF4TFy_C6jB8b7/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis:https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwG

  • Clases Consolidación de Emprego (4055 prazas)

    CIG CORREOS 21 Jan 2019 | 12:35 pm

    A CIG renova e mellora o acordo coa Plataforma de formación online de cara a preparar o exame para a Consolidación de emprego en Correos. A CIG non fai negocio coa túa formación e por iso busca aos mellores en calidade e prezo. Esta plataforma ofrécenos un profesor do Grupo B de Xestión de Correos con máis de 20 anos de experiencia dando clases para os grupos B, C1, C2 e última consolidación. O sistema e características de estudo da plataforma será o seguinte: Temario propio totalmente actualizado, ofrecido gratuitamente aos estudantes, xunto co material de apoio ao estudo, descargable da plataforma de formación que se irá actualizando a medida que se produzan novidades.Test realizados na plataforma de formación, autocorrección e[…]

  • CONCURSO DE TRASLADOS XANEIRO 2019

    CIG CORREOS 17 Jan 2019 | 2:23 pm

  • CONCENTRACIÓN EN APOIO DE CHELO, DELEGADA SINDICAL DE CIG

    CIG - Sector de Xustiza 16 Jan 2019 | 12:33 pm

    Despois de máis de oito meses de rematar a folga da Xustiza, hai delegadas e delegados sindicais que están a sufrir REPRESIÓN SINDICAL por exercer o seu labor durante a folga. É o caso da nosa compañeira Chelo Rodríguez, que está pendente dun expediente disciplinario e dun xuízo que se segue en Instrución nº 1, por mor dunha denuncia da letrada de Penal 6, que elevou ao xulgado a Fiscalía. Nestas dilixencias previas, tamén está sendo investigado o noso compañeiro Javier Fernández Castro, que naquel momento era delegado sindical. Por este motivo, a CIG fai un chamamento para unha concentración na defensa da liberdade e o traballo sindical e en apoio aos compañeir@s investigados. CONCENTRACIÓNVENRES 18 DE XANEIRO ÁS 11.30 H.DIANTE DOS XULGADOS[…]

  • SOLICITUDE DE DIAS ADICIONAIS DOS ANOS 2017 E 2018

    CIG - Sector de Xustiza 15 Jan 2019 | 8:41 pm

    En relación co gozo dos días adicionais correspondentes aos anos 2017 e 2018 a que fai referencia a disposición transitoria segunda da Lei orgánica 4/2018, do 28 de decembro, de reforma da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, o persoal funcionario deberá solicitar eses días adicionais cubrindo a solicitude de permiso de asuntos propios dispoñible na aplicación informática OPAX, indicando no campo "A cargo do ano administrativo" o ano 2018 e debendo facer constar no campo "Observacións" o ano ao que corresponden os días solicitados (2017 ou 2018).A solicitude dos referidos días será posible facela na OPAX a partir do 31/01/2019. Se algún funcionario, tendo esgotados os días pendentes de 2018, desexa gozar destes días ao[…]

  • ADXUDICACIÓN DESTINOS AUXILIO XUDICIAL - OEP2016

    CIG - Sector de Xustiza 15 Jan 2019 | 8:22 pm

    O Ministerio comunica que a resolución de adxudicación de destinos as funcionarias/os do Corpo de Auxilio Xudicial, aprobadas/os na convocatoria de oposicións da Orde JUS/1164/2017, de 24 de novembro, saira publicada no BOE do día 31-1-2019.O Anexo I coa adxudicación de destinos colgarase na páxina web do Ministerio.

  • Absentismo !!! Para Rirse na cara dos Traballadores

    CIG CORREOS 10 Jan 2019 | 10:47 am

    Zas!!!!, en toda a cara!!!!!!!. Co panfleto publicado o 8 de xaneiro do 2019,Correos vólvenos a chamar delincuentes. O que se desprende da lectura deste panfleto é que os traballadores nos damos de baixa cando nos da a gana segundo nos veña ben e ademais agora como xa non descontan o índice de absentismo sobe considerablemente. Non se lles ocurreu pensar que se o índice de "absentismo sobe en xaneiro considerablemente" pode ser, con moita probabilidade, que se deba o sobreesforzo realizado polos traballadores na campaña de Nadal?.Non será que cos soldos de miseria que nos pagan non nos podemos permitir o luxo de curar as nosas doenzas durante a campaña para non perder os escasos 100 € que nos[…]

  • RECLAMACIÓN Á XUNTA DAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DE XUSTIZA 2017-2018

    CIG - Sector de Xustiza 9 Jan 2019 | 2:21 pm

    A CIG ven de reclamar a administración autonómica a negociación das ofertas de emprego público en Galicia dos anos 2017-2018, das que se están a prantexar en Madrid as novas bases de convocatoria, xa que ao parecer (existen prazas desertas nos corpos de Tramitación e Xestión).Ligazón escrito presentado:https://drive.google.com/file/d/1PfCiGLohVlSY-DTeohQibAtGvaJUP7Y1/view?usp=sharing

  • RECLAMACIÓN IRPF MATERNIDADE-PATERNIDADE

    CIG - Sector de Xustiza 9 Jan 2019 | 1:25 pm

    No BOE do 29 de decembro publicouse a resolución para poder solicitar a devolución do IRPF do período de paternidade e/ou maternidade nos últimos anos, para as persoas afiliadas a réxime de seguridade social distinto do xeral.O impreso está dispoñible na páxina WEB da axencia tributaria e é o mesmo para o réxime xeral e para os mutualistas.Ligazón modelo:https://www.agenciatributaria.es/static_files/AEAT/Contenidos_Comunes/La_Agencia_Tributaria/Informacion_institucional/Campanias/Prestacion_maternidad/Formulario_maternidad.pdfLigazón trámite on-line:https://www.agenciatributaria.es/AEAT.internet/Inicio/La_Agencia_Tributaria/Campanas/_Campanas_/Prestacion_maternidad/Prestacion_maternidad.shtml

  • Novas Muface (Só para persoal Funcionario)

    CIG CORREOS 9 Jan 2019 | 10:24 am

    Informámosvos sobre a modificación que se introduce nos procedementos de solicitude das prestación complementarias, concretamente nas dentarias e oculares. Todos os mutualistas en activo terán que usar a sede electrónica para as solicitudes das prestacións dentarias e oculares a partires do 01/02/2019.·  Só poderán presentar as solicitudes en papel os xubilados e os mutualistas voluntarios.I)     Prestacións dentarias.a.    Prazo de presentación en Sede electrónica sede.muface.gob.es: Desde o 01/02/2019 até 31/12/2019.b.    Prazos de presentación en formato papel para xubilados:                                  i.    Desde o 01/03/ ao 29/03/2019                                ii.    Desde o 02/09/ ao 31/10/2019c.    Documentos                                  i.    Solicitude + factura odontólogo, estomatólogo ou cirurxián maxilofacial ou protésico dental + informe do especialista. A factura con todos os requisitos formais requiridos. Debe conter a indicación da exención(1) do IVE.                               […]

  • Análise do Acordo Asinado para o Persoal Laboral

    CIG CORREOS 7 Jan 2019 | 2:53 pm

    Como xa o fixeramos co persoal funcionario agora faremos un análise das supostas melloras para o persoal laboral no Acordo asinado o día 19 de decembro polos sindicatos CCOO, CSIF, S.L. e UGT.   SALARIO: Ao igual que para o persoal funcionario a suba é a mesma que pactaron os sindicatos CCOO, CSIF e UGT co PP en marzo de 2018. É dicir un 6 % fixo en 3 anos e o resto ate chegar ao 8.65% está vinculado ao crecemento do PIB. É dicir un carteiro verá unha suba real na súa nómina de uns 65€ aproximadamente en 3 anos. Dende a CIG vemos que é unha suba irrisoria comparada coa que se están negociando noutras administracións ao marxe da[…]

  • Correos, desbordado polo reparto de compras por internet en Vigo.

    CIG CORREOS 4 Jan 2019 | 2:05 pm

    CIG-Correos alerta da acumulación de cartas certificadas, con esperas de 10 díasO incremento das compras por internet en Vigo no último mes levou ao persoal de Correos, encargado da repartición de paquetes, a facer pública a situación de carga de traballo á que se enfrontan e que está a afectar directamente a outro tipo de envíos como as cartas ordinarias e certificadas. Así o asegurou onte Antón García Branco, executivo nacional da CIG Correos, quen pediu “máis persoal para poder dar saída ao correo”. Segundo explicou, “o envío de miles de paquetes impide repartir as cartas certificadas e hai algunhas con dez días de espera”. Lembrou que entre esas misivas atópanse notificacións da Axencia Tributaria, do servizo eléctrico ou da[…]

  • Modificación IRPF 2019 para o persoal eventual

    CIG CORREOS 1 Jan 2019 | 7:00 am

    Tódolos anos, Correos dende o 1 de xaneiro aplica o 2% de desconto do IRPF as nóminas do persoal eventual, ainda que no ano anterior pediras unha modificación de dito IRPF.Por todo esto, lembrámosvos  que non vos esquecedes de solicitar por escrito, a modificación do IRPF, para que, nos últimos meses do ano non vos fagan uns descontos tan grandes na nómina.Se tes algunha dúbida  o queres que che mandemos o impreso para a modificación do IRPF, ponte en contacto cas delegadas e delegados da CIG na tua comarca.¡¡NON TE ESQUEZAS!!

  • COMUNICADO:

    CIG CORREOS 29 Dec 2018 | 10:00 am

    #CIGCORREOSENLOITA

  • CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PERSOAL DESTINADO DENTRO E FORA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

    CIG - Sector de Xustiza 27 Dec 2018 | 12:02 pm

    A EGAP convoca no DOG do 26 de decembro cursos de linguaxe xurídica galega (niveis medio e superior) dirixidos ao persoal da Administración de xustiza, tanto ao que traballa na Comunidade Autónoma como ao que presta servizos fóra de Galicia. Matrícula: desde as 8 horas do 27 de decembro ata as 14 horas do 3 de xaneiro en https://egap.xunta.gal/matriculaMáis información en:- persoal que presta servizos fóra da CA de Galicia: https://egap.xunta.gal/fichanova/id/2946 - persoal que presta servizos na CA de Galicia: https://egap.xunta.gal/fichanova/id/2944 Lembra que podes consultar todas as actividades de formación continua previstas para 2019 no Plan de formación da EGAP, publicado no DOG do 21 de decembro: https://egap.xunta.gal/fichanova/id/2941

  • Consolidación de Emprego 2017-2018 (Acumúlanse as Convocatorias)

    CIG CORREOS 27 Dec 2018 | 9:56 am

    Publicadas as bases xerais para a convocatoria de 4.055 prazas de persoal laboral fixo do Grupo Profesional de Operativos na Web www.correos.es, nos taboleiros de anuncios das sedes das Direccións de Zona e do Centro Directivo. Posteriormente, publicaranse os requisitos dos aspirantes, o sistema de selección, o programa do que versarán as probas, así como a distribución provincial da oferta de postos de traballo. O proceso selectivo se desenvolverá no ano 2019. PRAZAS CONVOCADAS: Taxa de reposición ano 2017: 1.869 postos de traballo Taxa de reposición ano 2018: 1.612 postos de traballo Proceso estabilización Acordo Bianual: 574 postos de traballo TOTAL: 4.055 postos de traballo As prazas convocaranse a nivel provincial, e poderán incluír postos a tempo completo ou parcial. Correos[…]

  • Bases xerais para a contratación indefinida de 4.055 postos de Persoal Operativo en Correos

    CIG CORREOS 27 Dec 2018 | 9:54 am

    BASES XERAIS DA CONVOCATORIA CONXUNTA DE INGRESO DE 4.055 POSTOS DE TRABALLO DE PERSOAL LABORAL FIXO (CONTRATO INDEFINIDO) NA SOCIEDADE ANÓNIMA ESTATAL CORREOS E  TELÉGRAFOS, S.A.;S.M.E., PERTENCENTES AO GRUPO PROFESIONAL IV (PERSOAL OPERATIVO).Con data de 28 de decembro de 2017 facíanse públicas as bases xerais para a contratación indefinida de 1.869 postos de traballo, correspondentes á taxa de reposición de 2017, conforme á previsións da Disposición adicional décimo quinta da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017 (BOE do 28 de xuño de 2017).Así mesmo a Disposición adicional vixésima novena da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018 (BOE do 4 de xullo de[…]

  • Este Acordo é unha traizón ao persoal funcionario

    CIG CORREOS 26 Dec 2018 | 1:43 pm

    Coa sinatura deste Acordo na Mesa Sectorial o Persoal funcionario de Correos queda sen Negociación durante os dous vindeiros anos. A CIG con representación na Mesa Sectorial  non asinou este Acordo porque NON HABÍA VONTADE NEGOCIADORA NIN POR PARTE DA EMPRESA NIN POLOS SINDICATOS QUE ASINARON CCOO, UGT, CSIF e SL. Que só estaban interesados nas convocatorias de Consolidación de Emprego para encher as Academias e lucrarse cos Cursos de Formación. A tan cacarexada suba salarial que nos queren vender como un gran logro non é máis que a suba que asinaron CCOO, UGT e CSIF co PP en marzo de 2018, un 6% e o resto ate chegar ao 8.65% está vinculado ao crecemento do PIB. É dicir un[…]

  • Bó Nadal e Felices Festas ...

    CIG CORREOS 21 Dec 2018 | 1:49 pm

  • CONSULTA DO ANEXO III DO CONCURSO DE TRASLADOS

    CIG - Sector de Xustiza 14 Dec 2018 | 11:20 am

    A partir de hoxe xa se pode consultar o Anexo III do concurso de traslados. Ainda que se teña obtido praza, é  necesario que se consulte dito Anexo III para confirmar a gravación correcta das prazas solicitadas no seu dia.O prazo de reclamacións será de 10 días hábiles, ata o 31 de decembro, inclusive.O modelo de alegacións así como a documentación que se achegue, no seu caso, remitiranse ao Ministerio de Xustiza mediante fax, dirixido ao coidado da sección de «Concursos-Despacho 220», aos números 913902394 / 913904304 / 913904250 / 913902076. Tamén poderá enviarse a reclaclamación a través do correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es, escaneando o anexo IV debidamente asinado. Ligazon Anexo III:http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslado-ordinarioLigazón Publicacion BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2018/12/15/pdfs/BOE-A-2018-17174.pdfListaxes Galicia por corpos e provincia:https://drive.google.com/file/d/1HI6BHYlf7C4bcUodxcdRDKBnAx_cRuYM/view?usp=sharing

  • Coa nómina de decembro: últimas axudas sociais de 2018

    CIG CORREOS 14 Dec 2018 | 10:05 am

    Últimas axudas sociais de 2018 :Se solicitaches axudas para os teus estudos ou os dos teus fillos e/ou para tratamentos de saúde, este mes chegan á túa nómina. Con estas e as abonadas en novembro, completase o Plan de Acción Social para 2018. Correos convoca estas axudas sociais, xunto coas destinadas a fillos con discapacidade, educación infantil e préstamos sen interese, co fin de promover o benestar dos profesionais da Compañía tanto na súa vida persoal como no seu traballo. As axudas e contías que se abonarán na nómina de decembro son as seguintes: • Axuda para os estudos de fillos de empregados ata 26 anos de idade. Pagaranse 5.320 axudas de 65 € cada unha, destinadas, concretamente, aos libros[…]

  • DESTINOS CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE - OEP 2016

    CIG - Sector de Xustiza 13 Dec 2018 | 2:04 pm

    Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse a Orde de 4 de decembro, do Ministerio de Xustiza, pola que se outorgan destinos as funcionarias/os do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quenda libre, que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/1166/2017, de 24 de novembro.Data prevista de publicación no BOE: 18-12-2018Ligazón:http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/tramitacion-procesal4

  • MESA SECTORIAL EN MADRID. A HISTORIA REPÍTESE...

    CIG - Sector de Xustiza 7 Dec 2018 | 12:28 pm

    Nesta mesa sectorial estabamos convocados para negociar, entre outros temas, as bases comúns e as próximas convocatorias de oposicións. Unha vez comeza a mesa sectorial volvemos a descubrir un novo episodio de “negociacións nos despachos”.A administración recoñeceu, pese a que na mesa sectorial do mes de xullo se acordara crear un Grupo de traballo para elaborar as bases e as convocatorias, que mantivo negociacións bilaterais, fóra de mesa e sen convocatoria legal, cos mesmos sindicatos que nos venderonen Galiza, (agás spj-uso, que non ten representación nesta mesa) Froito deses cambios de cromos asinouse un acordo para a adaptación á xustiza do acordo marco para a mellora do emprego público de 2017-2019 da Mesa Xeral de negociación das AAPP.A CIG rexeitou[…]

  • NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

    CIG - Sector de Xustiza 5 Dec 2018 | 9:53 am

    Publicouse na INTRANET o día 04/12/2018 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 5, 7  e 10 de decembro.A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios:Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.galFax: 981546222Ligazón prazas en substitución:https://drive.google.com/file/d/11eSYvqcWF0tic6OPFuzY7WZ0ZCiJCmC5/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis:https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

  • ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

    CIG - Sector de Xustiza 5 Dec 2018 | 9:45 am

    Onte,  4 de decembro, saíu a resolución coas adxudicacións das últimas prazas publicadas o pasado 22 de novembro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón:https://drive.google.com/file/d/1ykdENpE8l85BTCOkFJyKcKBGplCWr1Kn/view?usp=sharing

  • CONCURSO DE TRASLADOS LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

    CIG - Sector de Xustiza 4 Dec 2018 | 11:30 am

    No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/1290/2018, do 27 de novembro, pola que se convoca concurso de traslado para a provisión de postos de traballo para os grupos segundo e terceiro do Corpo de Letrados da Administración de XustizaLigazónhttps://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2018-16565

  • CONCENTRACIÓN ANTE OS XULGADOS DA CORUÑA EN APOIO Á CHELO, DELEGADA DE CIG-XUSTIZA

    CIG - Sector de Xustiza 3 Dec 2018 | 8:22 pm

    A CIG desenvolveu este luns unha concentración diante do antigo edificio da Audiencia Provincial da Coruña en rexeitamento á represión sindical que están a sufrir, máis de seis meses despois de rematado o conflito, delegados e delegadas sindicais da CIG e CUT por exercer a súa labor durante a folga de xustiza. Nesta circunstancia atópase á compañeira Chelo, delegada da CIG na Administración de Xustiza, que está pendente dun expediente disciplinario e de dous xuízos por delitos, a raíz das denuncias presentadas pola Fiscalía provincial por feitos acontecidos no marco da folga.No xuízo de hoxe Chelo conseguiu ser absolta grazas á boa defensa realizada e porque a fiscalía non acadou artellar unha acusación coherente.https://www.cig.gal/nova/concentracion-nos-xulgados-da-coruna-contra-a-represion-sindical-na-xustiza-e-en-apoio-a-companeira-chelo.html

Free Joomla Templates: by JoomlaShack