Federación de Administración Pública da CIG

Federación de Administración Pública da CIG

Ligazóns sectores

Autonómica
Correos
Xustiza

Ligazons confederacion

CIG - Avantar
Forga
Saúde laboral
Fesga

Procurar no web

Novas da Confederación

A Confederación Intersindical Galega ten unha estructura dividida en distintas federacións (unha delas é a Federación de Administración Pública), así como unha serie de servizos comúns.

O que segue son as últimas novas publicadas nos webs da Confederación, así como diversos servizos comúns.


Partillar no Chuza!Partillar no DoMelhorPartillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no Buzz it!Partillar no Digg it!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
  • A CIG revalida a maioría absoluta no comité de Maderas Iglesias

    CIG Diario Dixital Avantar 19 Nov 2019 | 7:36 pm

    A federación de Construción da CIG revalidou a maioría absoluta no comité de empresa de Maderas Iglesias, compañía con sede no Poriño que se dedica á fabricación de tarima flotante, ao lograr 5 dos 9 representantes que se escollían no comité.

  • A RTP aprobada pola Xunta é “raquítica”, consolida a externalización de servizos e destrúe emprego

    CIG Diario Dixital Avantar 19 Nov 2019 | 2:11 pm

    A Xunta de Galiza convocou para este mediodía unha Comisión de Persoal para aprobar unha relación de postos de traballo (RPT) -que foi aprobada coa abstención de todas as organizacións sindicais con presenza na comisión, agás a CIG, que votou en contra- para a consellería de Cultura e Turismo que a CIG-Administración Autonómica cualifica de “raquítica e insuficiente” e que “afonda na destrución de emprego e consolida a externalización de servizos”.

  • Concentración en Abanca polo despedimentos executados en Caixa Geral

    CIG Diario Dixital Avantar 19 Nov 2019 | 1:48 pm

    Traballadores e traballadoras do Grupo Abanca concentráronse esta mañá diante da oficina principal na Coruña en rexeitamento aos despedimentos que se están a producir en Banco Caixa Geral, xusto despois de ser adquirida pola entidade galega. Para a Federación de Banca da CIG esta medida constitúe un intento de Abanca de amedrentar o persoal ante a aplicación dun posíbel ERE cando se complete o proceso de fusión.

  • A Xunta adxudica a Naturgy o contrato da luz malia ter deslocalizado máis de 400 postos de traballo

    CIG Diario Dixital Avantar 19 Nov 2019 | 12:20 pm

    A CIG-Banca denuncia que a mesma Consellería que lle comunicou ao comité de empresa de Unitono de Ourense que non podía facer nada a respecto das "decisións dunha empresa privada", adxudica agora un contrato millonario á mesma empresa que espolia os recursos naturais de Galiza e deslocaliza máis de 400 postos de traballo desde este verán, na súa meirande parte a Colombia.

  • CIG-Saúde exixe a inmediata negociación das condicións das Matronas de Atención Primaria

    CIG Diario Dixital Avantar 19 Nov 2019 | 12:00 pm

    En 1993 publicouse o Decreto, do 29 de xullo, de Ordenación da Atención Primaria en Galiza, que regula as retribucións de todo o persoal de Atención Primaria agás as Matronas. CIG-Saúde lembra que, en todo caso, na disposición transitoria cuarta, ese decreto contemplaba que “o Consello da Xunta de Galiza regulará o réxime xurídico e retributivo das prazas de enfermería obstétrico-xinecolóxicas”. Denuncia que porén, 26 anos despois, a consellaría “non tivo tempo de presentar ningunha proposta de réxime xurídico para este colectivo”.

  • CIG-Saúde reclama de Sanidade medidas concretas para resolver a problemática de Atención Primaria

    CIG Diario Dixital Avantar 18 Nov 2019 | 7:10 pm

    A CIG-Saúde considera que o SERGAS non está a valorar ás/aos máis de 250 profesionais da sanidade pública galega que están a traballar nas distintas comisións creadas desde o Consello Técnico de Atención Primaria, que están a pór, de forma desinteresada, o seu tempo e coñecemento, ao servizo da sanidade pública. Persoal que ten como único obxectivo acadar un novo modelo de Atención Primaria que dea resposta ás necesidades de saúde da poboación galega e remate coa situación laboral que soportan.

  • CIG e ELA presentan en Bilbo unha batería de demandas ao novo goberno do Estado

    CIG Diario Dixital Avantar 18 Nov 2019 | 1:17 pm

    O secretario xeral da CIG, Paulo Carril e o secretario xeral de ELA, Mitxel Lakuntza, compareceron esta mañá en rolda de prensa, en Bilbo, xunto co secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, Francisco González Sío, e a secretaria de Relacións Internacionais de ELA, Laura González de Txabarri, para presentar as liñas de actuación común acordadas entre as organizacións sindicais maioritarias de Galiza e Euskal Herria para achegar as súas demandas ao novo goberno que se conforme no Estado.

  • A CIG-Industria traslada a Ourense a campaña en defensa da automoción

    CIG Diario Dixital Avantar 18 Nov 2019 | 11:31 am

    A federación de Industria da CIG traslada este xoves a Ourense a campaña de información e mobilización en defensa da automoción, un sector ameazado pola deslocalización e no que non para de medrar a precariedade laboral. Con estas protestas a central quere reclamar tamén a posta en marcha de políticas que garantan o futuro da industria galega do automóbil ante a transformación que atravesa pola chegada de novas tecnoloxías e a aprobación da lei de cambio climático e transición enerxética. Nesta ocasión desenvolverá unha manifestación no polígono de Pereiro de Aguiar a partir das 10:30 horas, xa que esta zona industrial acolle as principais empresas da automoción con sede na provincia.

  • O persoal de Axuda a Domicilio de Ourense convoca mobilizacións en defensa do servizo

    CIG Diario Dixital Avantar 15 Nov 2019 | 7:06 pm

    O comité de empresa de Sacyr, concesionaria da Axuda a Domicilio e á Dependencia do Concello de Ourense acordou convocar mobilizacións en defensa dun servizo que corre perigo de desaparecer tras quedar deserto o concurso de adxudicación. As protestas comezarán este luns 18 ás 12:00 horas e desenvolveranse todos os días até o vindeiro 30 de novembro.

  • Pintos: "Fun detido por exercer o 'delito' da solidariedade de clase"

    CIG Diario Dixital Avantar 15 Nov 2019 | 6:48 pm

    “Fun detido por un 'delito' de solidariedade. Por exercer a solidariedade cos compañeiros e compañeiras de Navantia e Poligal”. Así comezaba o seu alegato Xesús Anxo López Pintos na última sesión do xuízo celebrado estes días na Audiencia Provincial da Coruña contra o ex cosecretario comarcal da CIG de Ferrol, para quen a acusación particular (exercida por un axente de policía) solicita unha condena de tres anos por un delito de atentado e lesións. Na sesión deste venres procedeuse á dar lectura ás conclusións, quedando o xuízo visto para sentenza.

  • As traballadoras de Neobel, vítimas de acoso laboral, teñen controlado até o tempo para ir ao baño

    CIG Diario Dixital Avantar 15 Nov 2019 | 1:39 pm

    Traballadoras de Neolbel, da empresa Perfumistas de Galicia de Hermanos Alberto Recio, e compañeiras e compañeiros de CIG-servizos concentráronse esta mañá diante da tenda que a cadea ten en Santiago para denunciar a situación de acoso laboral que están sufrindo as traballadoras por parte do Xerente e a Encargada da Tenda.

  • Comprendermos | 19

    Fundación Moncho Reboiras 15 Nov 2019 | 1:13 pm

    Editamos en parcería co semanario Sermos Galiza, un novo número do Comprendermos, que poñemos agora a disposición do público no noso sitio web.

  • O persoal de Unitono mobilízase en Ourense contra a deslocalización do servizo de atención ao cliente de Naturgy

    CIG Diario Dixital Avantar 14 Nov 2019 | 7:24 pm

    O cadro de persoal de Unitono, empresa do sector dos centros de chamadas con sede no parque tecnolóxico de Ourense, mobilizouse hoxe para rexeitar a deslocalización do servizo de atención ao cliente de Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa), que traducirá na destrución de 400 empregos en Galiza.

  • Traballadores/as de Barreras e delegados/as da CIG marchan até a Xunta en Vigo en demanda dunha solución á crise do estaleiro

    CIG Diario Dixital Avantar 14 Nov 2019 | 5:56 pm

    Traballadores/as de Barreras e delegados/as sindicais da CIG marcharon hoxe en manifestación até a Xunta en demanda dunha solución á grave crise que atravesa o principal estaleiro privado do Estado español tras a súa entrada en preconcurso de acredores. O comité de empresa convocou tamén un paro de catro horas que foi secundado polo 100% do cadro de persoal.

  • Delegadas/os da CIG volven manifestar a súa solidariedade con Pintos no terceiro día do xuízo

    CIG Diario Dixital Avantar 14 Nov 2019 | 2:39 pm

    Hoxe tivo lugar a terceira sesión do xuízo que se segue contra o compañeiro Xesús Anxo López Pintos (ex secretario comarcal da CIG de Ferrol) a quen lle piden unha condena de tres anos pola súa participación nunha mobilización do persoal do naval e de Poligal en 2012. Con tal motivo, ducias de delegados e delegadas da CIG volvéronse concentrar diante da Audiencia Provincial da Coruña en demanda de xustiza para Pintos e contra os intentos de criminalizar e reprimir a loita obreira.

  • Traballadores/as de Correos concéntranse na oficina de Cee para esixir a fin dos abusos e do trato desigual

    CIG Diario Dixital Avantar 14 Nov 2019 | 12:20 pm

    Traballadores e traballadoras de Correos concentráronse este xoves na oficina da empresa postal en Cee en rexeitamento aos abusos e ao trato desigual entre o persoal que se está a dar na unidade de reparto deste municipio, así como para urxir a dirección de Correos a que abra unha investigación e tome as medidas oportunas para mudar esta situación.

  • Presentado conflito colectivo contra a empresa que leva o Servizo de Recadación de Lugo polo incumprimento das melloras salariais

    CIG Diario Dixital Avantar 14 Nov 2019 | 12:03 pm

    As traballadoras e traballadores da empresa adxudicataria do Servizo de Recadación do Concello de Lugo, Gestión Tributaria Territorial S.A. (GTT), veñen de presentar demanda de conflito colectivo ante o incumprimento por parte da empresa das obrigas derivadas do contrato e da oferta presentada, en virtude da cal resultou adxudicataria do servizo.

  • Comezan as mobilizacións do profesorado pola recuperación horario

    CIG Diario Dixital Avantar 13 Nov 2019 | 5:53 pm

    Esta mércores arrincaron as mobilizacións do profesorado galego pola recuperación horaria cunha marcha arredor de San Caetano que rematou nunha masiva concentración de delegadas e delegados da CIG-Ensino e doutras organizacións sindicais diante da consellaría de Educación, no decurso da cal cantaron unha copla reivindicativa. O vindeiro 21 de novembro están previstas concentracións nas sete grandes cidades galegas.

  • Solidariedade con Pintos na segunda xornada dun xuízo no que se pretende converter a vítima en verdugo

    CIG Diario Dixital Avantar 13 Nov 2019 | 5:52 pm

    Delegadas e delegados da CIG continuaron este mércores as concentracións solidarias e para denunciar a represión sindical, con motivo do xuízo ao que se enfronta o compañeiro Xesús Anxo López Pintos pola súa participación nunha mobilización do persoal do naval e da xa pechada Poligal, no ano 2012.

  • O persoal das auxiliares de Endesa continúa coas protestas para esixir unha reunión coa dirección

    CIG Diario Dixital Avantar 13 Nov 2019 | 5:34 pm

    Traballadores e traballadoras da industria auxiliar de Endesa continuaron este mércores co calendario de mobilizacións semanais para esixir un proceso de transición xusto que non deixe atrás a este colectivo laboral e demandar garantías de emprego. A protesta desenvolveuse na rotonda de acceso á central térmica das Pontes e nela fíxose un chamamento tamén a participar na concentración convocada para este xoves 14, ás 20 horas.

  • Faibus readmite o traballador despedido tras case un ano de mobilizacións da CIG

    CIG Diario Dixital Avantar 13 Nov 2019 | 2:23 pm

    Faibus UTE, empresa de transportes con sede do polígono do rebullón, en Mos, optou finalmente por readmitir o traballador despedido tras case un ano de mobilizacións da CIG. A dirección rescindíralle o contrato a este afiliado da central de xeito arbitrario despois de reclamar os seus dereitos laborais, polo que a FGAMT-CIG decidiu iniciar un calendario de protestas que forzou a súa readmisión.

  • Sae á rúa Enxergar, revista de pensamento e análise

    Fundación Moncho Reboiras 18 Jul 2019 | 11:30 am

    Desde a Fundación Moncho Reboiras comprácenos presentarvos unha nova publicacións que sairá á rúa o próximo 25 de xullo. A Revista de pensamento e análise Enxergar.

  • A Fundación Moncho Reboiras contará cunha sección de “Formación sindical” na web da CIG

    Fundación Moncho Reboiras 13 May 2019 | 10:31 pm

    Ten previsto publicar vídeos con información de interese para a afiliación da central sindical

  • Comprendermos | 18

    Fundación Moncho Reboiras 2 May 2019 | 10:19 am

    Editamos en parcería co semanario Sermos Galiza, un novo número do Comprendermos, que poñemos agora a disposición do público no noso sitio web.

  • Documentación do primeiro Congreso da CIG

    Fundación Moncho Reboiras 22 Mar 2019 | 7:20 pm

    Aquel xermolo que agromaba o 19 de marzo de 1994 na unificación entre a CXTG e INTG, dando lugar á Confederación Intersindical Galega (CIG) converteuse hoxe, no referente sindical no noso país polo seu compromiso coa nación galega, polo seu carácter reivindicativo, combativo e de clase

  • Comprendermos | 17

    Fundación Moncho Reboiras 21 Feb 2019 | 5:04 pm

    Xa podes dispoñer do número 17 do Comprendermos, caderno de pensamento para o debate e a acción da Fundación Moncho Reboiras, para a súa descarga ou consulta en liña.

  • Tratado de Maastricht, dixemos non e o tempo deunos a razón

    Fundación Moncho Reboiras 18 Feb 2019 | 1:13 pm

    Por este acordo entre o 1 de xaneiro de 1994 (hai 25 anos) e o 1 de xaneiro de 1999 os países membros da Unión Europea tiñan que coordinar as súas políticas económicas. Para cumprir este obxectivo fixouse para finais de 1993 a plena liberalización de capitais, e a creación dunha moeda común, o euro, que comezaría a circular o 1 de novembro de 1999, data para a que tamén marcaba uns criterios de converxencia, e como engado para os países mais afectados creábase un Fondo de Cohesión.

  • Coloquio sobre a “Vixencia do pensamento marxista” en Compostela

    Fundación Moncho Reboiras 5 Feb 2019 | 5:28 pm

    Con motivo do 200º aniversario de Karl Marx, desde a Fundación Moncho Reboiras organizamos unha conferencia-coloquio en Santiago de Compostela sobre a vixencia do pensamento marxista. Aproveitaráse a ocasión para presentar unha publicación editada para a ocasión pola Fundación Moncho Reboiras o pasado mes de xullo de 2018.

  • Boletín do Arquivo do sindicalismo nacionalista

    Fundación Moncho Reboiras 21 Dec 2018 | 1:07 pm

    Mediante esta publicación de carácter divulgativo, a Fundación Moncho Reboiras pretende pór en valor o traballo realizado durante o 2018 no Centro de Documentación da propia central sindical.

  • 2003, Cando a rúa fervía. Nunca Máis e Non á Guerra, un antes e un despois que non se pode ignorar

    Fundación Moncho Reboiras 18 Dec 2018 | 10:59 am

    Reflexionar sobre a historia do país é unha obrigación para todos e todas e, moi especialmente, para os/as que teñen unha responsabilidade política, sindical, social.

Joomla Templates: by JoomlaShack