Federación de Administración Pública da CIG

Federación de Administración Pública da CIG

Ligazóns sectores

Autonómica
Correos
Xustiza

Ligazons confederacion

CIG - Avantar
Forga
Saúde laboral
Fesga

Procurar no web

Campaña pola dignidade das persoas empregadas públicas e a defensa dos servizos públicos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 15 Marzo 2012 14:42

 

Pretende responder aos continuos ataques que están a padecer as traballadoras e traballadores das administracións e desenvolverase en todas as comarcas do país, pola dignidade do empregado/a público/a e en defensa dos servizos públicos.

 

O obxectivo de CIG-Administración é, “subir a autoestima dos empregados/as públicos/as, facendo defensa de forma individual no posto de traballo dun lema colectivo: ‘Servizos públicos, si grazas’”.

 


Preténdese, deste xeito, responder de forma activa ante os continuos ataques e recortes que están a padecer os empregados e empregadas públicos/as e, e forma preventiva, amosar a forza das persoas que traballan na administración.
A decisión de pór en marcha esta campaña xurde ante a necesidade de reaccionar contra a situación de desprestixio que o goberno (Estatal e da Xunta) está a realizar sobre as persoas empregadas públicas, unido aos estereotipos sociais. Isto fai necesario realizar unha campaña que loite pola dignidade da persoa traballadora que desenvolve un servizo público, recuperando a autoestima desta.
Ademais, de forma sinérxica, reclámase a necesidade de ter servizos públicos, de xeito que a sociedade vexa que un ataque ás persoas empregadas públicas é, ao mesmo tempo, un ataque aos servizos públicos, e que isto repercute directamente en toda a sociedade.
Desenvolvemento
A campaña terá continuidade no tempo, durante os vindeiros meses. Inicialmente farase un reparto masivo de chapas e autocolantes entre as e os traballadores para que o lema “Servizos públicos, si grazas” estea presente en todos os centros de traballo.
Coa entrega da chapa, do autocolante e os fondos de pantalla, repartirase tamén un pequeno documento no que se recolle a situación actual e o que supoñen os recortes e rebaixas no sector público, para a persoa traballadora e para toda a sociedade.
Tamén se porán pancartas ou paneis nos principais centros de traballo e as delegadas e delegados disporán dunha camiseta co mesmo logo da campaña, que empregarán na acción sindical que desenvolvan.
O logo estará presente en todasa as ferramentas dixitais (web, correos electrónicos, redes sociais) e enviarase aos distintos correos electrónicos o logo e un documento para que se poña como fondo de pantalla.

 

Descarga os documentos da campaña

SOMOS NECESARIOS/AS; SOMOS IMPORTANTES; SOMOS PARTE DA SOLUCIÓN; SOMOS A BASE DOS SERVIZOS PÚBLICOS E SOMOS O PRESENTE E O FUTURO DO ESTADO DO BENESTAR.

Partillar no Chuza!Partillar no DoMelhorPartillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no Buzz it!Partillar no Digg it!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla Templates: by JoomlaShack