Federación de Administración Pública da CIG

Federación de Administración Pública da CIG

Ligazóns sectores

Autonómica
Correos
Xustiza

Ligazons confederacion

CIG - Avantar
Forga
Saúde laboral
Fesga

Procurar no web

Novas da Confederación

A Confederación Intersindical Galega ten unha estructura dividida en distintas federacións (unha delas é a Federación de Administración Pública), así como unha serie de servizos comúns.

O que segue son as últimas novas publicadas nos webs da Confederación, así como diversos servizos comúns.


Partillar no Chuza!Partillar no DoMelhorPartillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no Buzz it!Partillar no Digg it!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
  • “A automoción galega non se está a preparar para afrontar os retos que ten por diante”

    CIG Diario Dixital Avantar 14 Feb 2020 | 7:07 pm

    O secretario nacional da CIG-Industria alertou hoxe do perigo ao que se expón a automoción galega ante a falta de preparación para enfrontar os retos que ten por diante, como a Lei de Transición Ecolóxica que penalizará a fabricación de vehículos diésel, ou a aplicación de novas tecnoloxías nos procesos de produción. Por iso chamou a participar na manifestación convocada este martes 18 entre as empresas Trevès e Aludec, no polígono pontevedrés do Campiño.

  • Mercadona despide a unha traballadora en proceso de tratamento para unha inseminación artificial

    CIG Diario Dixital Avantar 14 Feb 2020 | 2:30 pm

    Delegados/as de Mercadona, compañeiros/as e representantes da CIG-Servizos concentrábanse esta mañá diante da tenda de Mercadona no Centro Comercial Novo Milladoiro para demandar que se recoñeza o despedimento improcedente dunha traballadora.

  • O persoal do Club Financieiro da Coruña continúa as mobilizacións para esixir o cobro dos salarios

    CIG Diario Dixital Avantar 14 Feb 2020 | 12:58 pm

    Traballadores e traballadoras do Club Financeiro Atlántico da Coruña continuaron este venres co calendario de mobilizacións para esixir que se respecten os seus dereitos, pedir a dimisión do presidente e da Xunta Directiva e que se lles abonen de inmediato os salarios adebedados, xa que levan dous meses sen recibir as súas nóminas e a empresa está sen liquidez e inmerso nun concurso de acredores sen posibilidade de continuar coa actividade.

  • CIG e UGT denuncian a “deslealdade” de CCOO por rachar a unidade de acción na defensa da Universidade Pública Galega

    CIG Diario Dixital Avantar 14 Feb 2020 | 12:07 pm

    As organizacións sindicais CIG e UGT veñen de emitir un comunicado dirixido a todas as organizacións que forman parte da PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DA UNIVERSIDADE PÚBLICA que, de seguido reproducimos:

  • Traballadores/as de EROM-Lugo mobilizáronse por unhas condicións dignas e o cumprimento dos acordos

    CIG Diario Dixital Avantar 14 Feb 2020 | 9:39 am

    Traballadores e traballadoras de EROM SLU Lugo (división de Acciona que realiza o mantemento dos parques eólicos) concentráronse este xoves diante da nave que a empresa ten en Vilalba para esixir o cumprimento dos acordos acadados, que se respecten os dereitos laborais e salariais e que se traslade á representación social toda a documentación solicitada.

  • A CIG-Saúde denuncia a ‘hipocrisía’ de Feixóo por demandar con 10 anos de retraso a supresión da taxa de reposición

    CIG Diario Dixital Avantar 13 Feb 2020 | 12:58 pm

    A CIG-Saúde leva 10 anos denunciando as nefastas consecuencias da imposición dunha taxa de reposición na sanidade pública. O mesmo tempo que Feixóo leva aplicando esta taxa sen cuestionala o máis mínimo. Por iso a CIG-Saúde denuncia agora a súa hipocrisía. “Vai agora solicitar do goberno do Estado a taxa de reposición cando non o fixo durante os anos de goberno do PP en Madrid sen importarlle o dano que estaba a facer á sanidade pública e as/os profesionais que nela traballan”, denuncia María Xosé Abuín.

  • Concentración para esixir a readmisión dun traballador que Salutrans despediu "alegando feitos falsos"

    CIG Diario Dixital Avantar 13 Feb 2020 | 11:32 am

    A CIG realizou unha concentración esta mañá diante das instalacións da empresa de ambulancias Salutrans (no Polígono Industrial das Gándaras en Lugo), en resposta ao despedimento inxusto dun traballador. Para a central sindical esta actuación empresarial constitúe un claro atentado aos dereitos laborais e sindicais do persoal, polo que na concentración se solicitou a inmediata readmisión do traballador.

  • A Xunta censura a cobertura mediática da entrega dun escrito pola recuperación do horario lectivo a Feixóo

    CIG Diario Dixital Avantar 12 Feb 2020 | 5:58 pm

    Nunha decisión insólita e que se produce por vez primeira na historia da administración autonómica, como confirmaron os xornalistas presentes, a Xunta de Galiza prohibiu que os medios puidesen facer o seu traballo dentro das dependencias de San Caetano. Tal foi así, que o máximo responsábel de seguridade do edificio administrativo de San Caetano, alegando cumprir ordes, prohibiu expresamente que gravasen imaxes do representante da CIG-Ensino e dos demais sindicatos.

  • O persoal de EROM-Lugo mobilizarase polos seus dereitos e para esixir o cumprimento dos acordos

    CIG Diario Dixital Avantar 12 Feb 2020 | 5:48 pm

    A asemblea de traballadores e traballadoras de EROM SLU Lugo (división de Acciona que realiza o mantemento dos parques eólicos) decidiu iniciar mobilizacións ante o incumprimento por parte da empresa dos acordos acadados, para esixir que se respecten os dereitos laborais e salariais e que se traslade á representación social toda a documentación solicitada.

  • Ante o desmantelamento das fábricas, o comité de Ferroatlántica pide á Xunta que convoque de urxencia reunión a tres bandas

    CIG Diario Dixital Avantar 12 Feb 2020 | 5:04 pm

    O comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas vén de solicitar da Consellaría de Economía, Emprego e Industria que convoque de urxencia unha reunión a tres bandas (empresa, comité e Administración) ante a grave situación xerada polo progresivo desmantelamento das fábricas e o recorte drástico da produción, que xa levou ao peche do forno 13.

  • 1.840.000 motivos para que todos os xoves sexan os "xoves do naval"

    CIG Diario Dixital Avantar 12 Feb 2020 | 11:11 am

    A primeira hora da mañá deste mércores, a CIG-Industria fixo un reparto de follas informativas entre os traballadores e traballadoras do naval animándoos a participar na concentración que se vai realizar mañá xoves, ás 10:30 horas, diante das portas dos estaleiros de Ferrol e de Fene para reclamar carga de traballo inmediata e un plan estratéxico a longo prazo que remate coa dependencia da construción militar e a periódica expulsión do persoal das auxiliares ao desemprego. Na concentración de mañá tamén se votará o calendario de mobilizacións, proposto pola CIG, que avoga por repetir protesta os xoves de cada semana, alternando concentracións con manifestacións en distintos percorridos.

  • O Porto de Vigo recúa e permite a presenza do representante da CIG no consello de administración

    CIG Diario Dixital Avantar 11 Feb 2020 | 7:23 pm

    Fixeron sete meses de escritos, reclamacións, denuncias e mobilizacións para que a Autoridade Portuaria de Vigo (APV) dese marcha atrás no súa negativa a permitir a presenza dun representante da CIG no consello de administración do ente público estatal. O Diario Oficial de Galiza recolle o nomeamento de Anxo Iglesias, secretario de organización da CIG de Vigo, como vogal do órgano de dirección, decisión que se produce unha semana antes de que teña lugar o xuízo tras a denuncia presentada pola central, previsto para o vindeiro día 18.

  • A CIG presentará alegacións ao estatuto electrointensivo, que continúa sen sentar as bases para unha tarifa industrial estábel

    CIG Diario Dixital Avantar 11 Feb 2020 | 6:17 pm

    A CIG entende que o borrador do novo decreto electrointensivo non permite sentar as bases dunha tarifa industrial predicíbel, estábel e competitiva e cae nos mesmos erros que o primeiro texto: indefinición sobre cuestións como a compensación por CO2, non libera a factura dunha parte importante dos custes alleos ao sistema, non é garantista en relación ao emprego e condicións laborais, e liga máis da metade do impacto económico que poida ter a medida ao que se aprobe nos Orzamentos Xerais do Estado. Diante disto, a CIG vai presentar alegacións, como xa fixo co anterior borrador, na liña da proposta de tarifa eléctrica elaborada pola central en outubro de 2018. Ademais, a central continúa co calendario de mobilizacións para esixir[…]

  • O Concello de Carral, condenado por despedir unha traballadora embarazada e que durante anos mantivo como falsa autónoma

    CIG Diario Dixital Avantar 11 Feb 2020 | 5:20 pm

    O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de declarar a nulidade do despedimento dunha traballadora do servizo informático do Concello de Carral, condenando a Administración local á súa inmediata readmisión, a pagarlle os salarios deixados de percibir e a abonarlle unha indemnización por danos morais. O alto tribunal galego considera que se vulneraron os dereitos fundamentais da traballadora ao ser despedida por ter reclamado que se lle recoñecera a relación laboral co Concello, xa que desempeñaba o seu traballo como falsa autónoma, aproveitando ademais o Goberno local que se atopaba de baixa por problemas de saúde derivados do embarazo para comunicarlle o despedimento.

  • Concentracións simultáneas nos campus galegos para frear a creación da universidade privada

    CIG Diario Dixital Avantar 11 Feb 2020 | 1:55 pm

    A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública, da que a CIG fai parte, levou a cabo esta mañá o primeiro dos seus actos reivindicativos desde a súa constitución con concentracións fronte a edificios emblemáticos das tres universidades galegas contra a privatización da universidade e pola defensa da equidade social nos estudos superiores e contra a privatización da universidade.

  • A CIG reúnese coa ministra de Traballo para emprazala a derrogar as reformas laborais e da negociación colectiva

    CIG Diario Dixital Avantar 10 Feb 2020 | 7:21 pm

    A CIG reuniuse ás 19:00 horas deste luns coa ministra de Traballo en Madrid. Unha xuntanza solicitada pola central sindical para trasladar á titular do Ministerio as súas propostas en materia laboral e social, para afrontar a grave situación de empobrecemento xeneralizado que a clase traballadora galega e a maioría social vén padecendo.

  • As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Boiro conseguen unha paga extra que se chamará “8 de Marzo”

    CIG Diario Dixital Avantar 10 Feb 2020 | 6:31 pm

    As traballadoras do SAF de Boiro viñan percibindo salarios sen actualizar desde o ano 2011; non se lle computaba o tempo de desprazamentos entre domicilios, tal e como establece o convenio colectivo, e ademais viñan realizando exceso de xornada que nin se lle computaba nin se lle abonaba.

  • Entregan máis de 500 sinaturas no SERGAS contra o recorte de horario da matrona de A Baña

    CIG Diario Dixital Avantar 10 Feb 2020 | 6:17 pm

    Dúas veciñas de A Baña, en representación das mulleres do concello, acompañadas por representantes de CIG-Saúde Compostela, fixeron entrega esta mañá, no rexistro do SERGAS, das máis de 500 sinaturas dirixidas ao conselleiro de Sanidade, a Xerente da Área sanitaria, a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, a Dirección de Recursos Humanos do SERGAS e á Xefa de Servizo de Negreira-A Baña en demanda de que se manteña o horario da matrona.

  • Miles de persoas percorren Compostela en defensa da sanidade pública galega

    CIG Diario Dixital Avantar 9 Feb 2020 | 4:57 pm

    Miles de persoas chegadas de toda Galiza sumáronse á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública esta mañá en Compostela, baixo o lema “En defensa da sanidade pública galega”. Con esta mobilización manifestouse o rotundo rexeitamento ás políticas do PP de desmantelamento, peche de servizos nos Hospitais Públicos e privatización; denunciáronse as “inaceptábeis listas de espera” e as precarias condicións laborais do persoal.

  • Condenan o Concello de Verín a readmitir a dous auxiliares da Policía local

    CIG Diario Dixital Avantar 7 Feb 2020 | 7:03 pm

    O Concello de Verín vén de ser condenado polo Xulgados do Social número 3 e 2 de Ourense a readmitir a dous auxiliares da Policía local que eran contratados cada ano durante o verán como persoal temporal. A decisión xudicial declara os axentes persoal fixo da RTP municipal e descontinuo respectivamente, con dereito a traballar catro meses cada ano.

  • Aberto o prazo de inscrición para Formación Sindical 2020

    Fundación Moncho Reboiras 27 Jan 2020 | 12:59 pm

  • Encontro con Ricardo Antunes sobre A "Uberización" do traballo

    Fundación Moncho Reboiras 9 Dec 2019 | 6:54 pm

    Nun mundo afogado polo sistema capitalista e o patriarcado, en constante ebulición e derretemento, a achega de análises arredor da clase traballadora non é algo doado. O sociólogo e profesor brasileiro, Ricardo Antunes, converteuse nun dos referentes á hora de tirar reflexións sobre a clase traballadora para encamiñar a loita obreira, social e política. O pasado 22 de novembro do 2019 mantivo un encontro con integrantes do Consello Confederal da CIG

  • A ‘uberización’ do traballo

    Fundación Moncho Reboiras 4 Dec 2019 | 5:35 pm

    O profesor de Socioloxía do Traballo da Universidade Estadual de Campinas, no Brasil, Ricardo Antunes, visitou Galiza, convidado pola Fundación Moncho Reboiras e a CIG, para compartir as súas análises sobre a cada vez maior deterioración das condicións laborais a consecuencia da terceirización da economía. Unha charla para a que el mesmo propuxo dous posibles títulos: “A uberización do traballo” ou “O capitalismo de plataforma e a protoforma do capitalismo” e na que presentou, ademais, o seu último libro, O privilégio da servidão: O novo proletariado de serviço na era digital.

  • Comprendermos | 19

    Fundación Moncho Reboiras 15 Nov 2019 | 1:13 pm

    Editamos en parcería co semanario Sermos Galiza, un novo número do Comprendermos, que poñemos agora a disposición do público no noso sitio web.

  • Sae á rúa Enxergar, revista de pensamento e análise

    Fundación Moncho Reboiras 18 Jul 2019 | 11:30 am

    Desde a Fundación Moncho Reboiras comprácenos presentarvos unha nova publicacións que sairá á rúa o próximo 25 de xullo. A Revista de pensamento e análise Enxergar.

  • A Fundación Moncho Reboiras contará cunha sección de “Formación sindical” na web da CIG

    Fundación Moncho Reboiras 13 May 2019 | 10:31 pm

    Ten previsto publicar vídeos con información de interese para a afiliación da central sindical

  • Comprendermos | 18

    Fundación Moncho Reboiras 2 May 2019 | 10:19 am

    Editamos en parcería co semanario Sermos Galiza, un novo número do Comprendermos, que poñemos agora a disposición do público no noso sitio web.

  • Documentación do primeiro Congreso da CIG

    Fundación Moncho Reboiras 22 Mar 2019 | 7:20 pm

    Aquel xermolo que agromaba o 19 de marzo de 1994 na unificación entre a CXTG e INTG, dando lugar á Confederación Intersindical Galega (CIG) converteuse hoxe, no referente sindical no noso país polo seu compromiso coa nación galega, polo seu carácter reivindicativo, combativo e de clase

  • Comprendermos | 17

    Fundación Moncho Reboiras 21 Feb 2019 | 5:04 pm

    Xa podes dispoñer do número 17 do Comprendermos, caderno de pensamento para o debate e a acción da Fundación Moncho Reboiras, para a súa descarga ou consulta en liña.

  • Tratado de Maastricht, dixemos non e o tempo deunos a razón

    Fundación Moncho Reboiras 18 Feb 2019 | 1:13 pm

    Por este acordo entre o 1 de xaneiro de 1994 (hai 25 anos) e o 1 de xaneiro de 1999 os países membros da Unión Europea tiñan que coordinar as súas políticas económicas. Para cumprir este obxectivo fixouse para finais de 1993 a plena liberalización de capitais, e a creación dunha moeda común, o euro, que comezaría a circular o 1 de novembro de 1999, data para a que tamén marcaba uns criterios de converxencia, e como engado para os países mais afectados creábase un Fondo de Cohesión.

Joomla Extensions: by JoomlaShack