Federación de Administración Pública da CIG

Federación de Administración Pública da CIG

Ligazóns sectores

Autonómica
Correos
Xustiza

Ligazons confederacion

CIG - Avantar
Forga
Saúde laboral
Fesga

Procurar no web

Xulgados de Violencia contra a Muller non terán xuíces/as substitutos/as no verán PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Xullo 2017 11:17

Terá que asumir o traballo o maxistrado/a que se atope de garda, o que “provocará atrasos”

Os sectores da CIG e CCOO na Administración de Xustiza en A Coruña veñen de denunciar que o Ministerio non vai nomear ningún xuíz substituto no que queda de ano 2017, tal e como confirmou o Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza onte nunha reunión en Madrid coas organizacións sindicais.

No que respecta a A Coruña, explican que isto supón que o Xulgado de Violencia sobre a Muller vai quedar sen xuíz ou xuíza durante as vacacións do seu titular, que será substituido polo que estea de garda e que este terá que simultanear ambos os dous xulgados.

“Esta situación implica unha perda na calidade do servizo que se lle vai a ofrecer á cidadanía tanto respecto ao servizo do Xulgado de garda (que por si só xa ten traballo abondo) como no que respeta ao Xulgado de Violencia sobre a Muller, no que cada día teñen que atender asuntos de gran complexidade, urxencia e sensibilidade”, aseguran.

Xunto a isto advirten de que isto “provocará atrasos e un peor servizo” ao ter que se encargar un só xuíz ou xuíza dos dous xulgados. Por iso consideran que “é curioso que neste momento de suposta recuperación económica sexa cando se tome esta medida, nunca antes adoptada, e que segue a senda do deliberado empobrecemento e debilitación dun servizo público como é a Administración de Xustiza”.

Partillar no Chuza!Partillar no DoMelhorPartillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no Buzz it!Partillar no Digg it!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla Templates at JoomlaShack.com