Federación de Administración Pública da CIG

Federación de Administración Pública da CIG

Ligazóns sectores

Autonómica
Correos
Xustiza

Ligazons confederacion

CIG - Avantar
Forga
Saúde laboral
Fesga

Procurar no web

Razóns para a folga xeral: defender o sistema público para termos unhas pensións dignas hoxe e no futuro PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Maio 2018 10:44

Miles de persoas mobilízanse coa CIG para esixir derrogar as reformas de 2011 e 2013

O sistema público de pensións é unha conquista da clase traballadora a través de décadas de loita. A través da loita é como temos que evitar que nolas rouben e por iso a CIG volveu saír este martes ás rúas de 18 cidades e vilas galegas para esixir a derrogación das reformas das pensións de 2011 e 2013, das reformas laborais e da negociación colectiva. A defensa dunhas pensións dignas é outra das moitas razóns polas que a CIG ten convocada folga xeral para o 19 de xuño, porque a folga xeral constitúe “a arma máis poderosa que temos para defender as pensións públicas” e os dereitos roubados á clase traballadora galega.


As medidas anunciadas nos Orzamentos do Estado -que aínda se descoñece se o PP poderá sacar adiante- non son máis que parches, que perpetúan o roubo ás pensións, pero que non solucionan "ningún dos graves problemas que trouxeron as reformas das pensións de 2011 e 2013". De saír adiante o acordo dos orzamentos, adiarase a entrada en vigor do denominado factor de sustentabilidade, pero non se suprime, o que implicará que, se non somos quen de impedilo, as futuras pensións poderanse ver reducidas até nun 20% a conta das mentiras sobre o aumento da esperanza de vida, pois canto máis maiores, pensións máis pobres teremos.

Por mor das reformas de 2011 e 2013 dificúltase cada vez o acceso as pensións contributivas, diminúen as contías das pensións de que en accede ao sistema e atrásase a idade efectiva de xubilación. Neste senso, non cómpre perder de vista que máis da metade das pensións galegas son inferiores ao salario mínimo interprofesional e temos as pensións máis baixas do Estado.


A folga xeral é nosa resposta

Logo de anos de saqueo á  clase traballadora, agora o Goberno de Rajoy pretende facernos crer que as pensións públicas non son viábeis e que hai que complementalas con aforro e con pensións privadas. Non podemos caer nesta trampa.

É a administración quen debe garantir unhas pensións públicas dignas. E pode facelo, non é un problema económico o que llo impide, só é precisa vontade política. O sistema público de pensións en Galiza, ou mesmamente un sistema público galego, é posíbel, viábel e capaz por si propio.

Dende a CIG levamos anos denunciando esta situación e incluso convocamos folga xeral en 2011, mentres UGT e CCOO aprobaban a reforman aplicada polo Goberno de Zapatero.


E por iso esiximos un sistema público de pensións que garanta que as pensións de hoxe e as de mañá, sexan dignas e se poida acceder a elas en equidade e sen obstáculos. Mais iso só será posíbel coa derrogación das reformas das pensións e laborais e un cambio radical nas políticas económicas e sociais aplicadas até agora, que só xeran pobreza e explotación laboral.

De aí que a CIG aposte pola mobilización e por convoca folga xeral para o vindeiro 19 de xuño. A folga xeral constitúe a arma máis poderosa que a clase traballadora ten para defender as pensións públicas, pero tamén como mellor defensa ante a próxima reforma que están a cocer no chamado pacto de Toledo.

Partillar no Chuza!Partillar no DoMelhorPartillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no Buzz it!Partillar no Digg it!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla Tutorial by JoomlaShack.com