Federación de Administración Pública da CIG

Federación de Administración Pública da CIG

Ligazóns sectores

Autonómica
Correos
Xustiza

Ligazons confederacion

CIG - Avantar
Forga
Saúde laboral
Fesga

Procurar no web

Paulo Carril: “Non será posíbel recuperar os dereitos mentres non se derroguen as reformas” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Xuño 2018 10:39

A CIG chama a mobilizarse o 19 de xuño para forzar o Goberno a cambiar as políticas que empobrecen e precarizan.

A CIG considera que non será posíbel recuperar os dereitos mentres non se derroguen as reformas laborais, da negociación colectiva ou das pensións. Por iso chama á mobilización o vindeiro día 19 de xuño, “para forzar o Goberno e as forzas que o elixiron a cambiar as políticas que provocaron a precarización e o empobrecemento da clase traballadora ”.

Así o considera o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, para quen “as afirmacións da ministra de Traballo confirman que só a través da mobilización lograremos recuperar e avanzar nos nosos dereitos”.

Carril entende que “non valen escusas” e asegura que de igual maneira que houbo unha concertación de forzas políticas para dar fin ao Goberno do PP, “ten que darse coa mesma urxencia unha correlación que nos próximos meses faga posíbel a recuperación dos nosos dereitos”.

Lembra que se acusou ao PP de ter paralizadas unha chea de proposicións de lei que contemplaban a derrogación de moitas destas reformas. Por iso considera que “non é certo” que non haxa sostén parlamentario para derrogalas. “O que hai que ter é vontade”.

Respecto do pacto social advirte de que o acordo interconfederal de negociación colectiva que están negociando CCOO e UGT “en absoluto vai dar solucións para que se recuperen os salarios e pode impedir a recuperación dos dereitos lexitimando a reforma laboral, como xa fixeron coa sinatura de acordos anteriores, se se reedita nos mesmos termos que aqueles”.

Ademais asegura que calquera acordo de incremento salarial desligado do IPC e vinculado á produtividade ou o PIB “entendemos que é negativo e leva a que se asente o empobrecemento da clase traballadora, como xa vimos no acordo asinado por CCOO e UGT co goberno no relativo ao SMI, que contradí as demandas que agora se fan respecto das pensións”.

Calendario para rematar co saqueo á clase traballadora

O secretario xeral da CIG entende que o cambio de Goberno ten que levar aparellado tamén un cambio das políticas. Doutro xeito, afirma, “a moción será unha fraude se o cambio de políticos non se acompaña cun cambio de políticas”. Por iso exixe do Goberno un calendario para a derrogación inmediata de todas esas reformas que saquean e rouban á clase traballadora.

Lamenta ademais que CCOO e UGT sigan “sementando a confusión” e asegura que “non hai razóns para desmobilizar, senón todo o contrario”.

XORNADA NACIONAL DE MOBILIZACIÓNS - 19 DE XUÑO

A Coruña: Praza de Vigo, 20h

Cee: Praza 8 de marzo 20h

Ferrol: Praza de España, 20h

Santiago: Praza Roxa, 20h

Pontevedra: Praza da Ferreiría 20h

Vilagarcía: Casa do Mar, 20h

A Estrada: Praza do Mercado, 20h

Vigo: A Doblada, 20h

Ourense: Edificio Sindical (Parque de San Lázaro), 20h

Lugo: Edificio Sindical (Ronda da Muralla), 20h

Burela: Local CIG (Avda. Arcadio Pardiñas), 20h

Monforte: Praza de España, 20h

As Pontes: Praza do Hospital, 19:30h

A Pobra do Caramiñal: Cantón da Leña, 20h

Partillar no Chuza!Partillar no DoMelhorPartillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no Buzz it!Partillar no Digg it!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla Templates: from JoomlaShack.com