Federación de Administración Pública da CIG

Federación de Administración Pública da CIG

Ligazóns sectores

Autonómica
Correos
Xustiza

Ligazons confederacion

CIG - Avantar
Forga
Saúde laboral
Fesga

Procurar no web

Novas
Outra reforma contra os dereitos do persoal empregado nas administracións PDF Imprimir Correo-e
Luns, 12 Decembro 2011 07:10

Seguen as reformas dirixidas contra os traballadores e traballadoras. Unhas se realizan con toda a publicidade do mundo para garantir que se enteran no último rincón do planeta, e outras caseque ás agachadas, perdidas en artigos de leis que modifican outros artigos de leis, nunha técnica lexislativa chapuceira 'xustificada' por mor da 'urxencia' e que convirte toda a lexislación nun xigantesco quebracabezas construído coa técnica do "corta e cola". As empregadas e empregados públicos somos, desde hai anos, o elemento exemplarizante que utilizan os gobernos de quenda para mandar indicacións á sociedade.

O pasado 22 de setembro aprobouse unha denominada Lei de medidas de axilización procesual. Facíao un parlamento xa agónico pero aínda imbuído do seu vergoñento papel de sumiso lexislador do que mandan e ordean axentes económicos alleos a calquera control democrático, co impulso dun PSOE en retirada e co concurso necesario do PP que se limitou, como veu sendo habitual ao longo de todas as reformas que se foron adoptando contra os traballadores e traballadoras nos últimos tempos, a manter unha posición de retórica oposición absténdose na votación. O día 11 de outubro publicouse o texto no BOE e vinte días despois (o 6 de novembro) entrou en vigor.

Ler máis...
 
25 de novembro. Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Novembro 2011 22:16

A CRISE ECONÓMICA AGRAVA A DESIGUALDADE ENTRE HOMES  E MULLERES

A crise económica está a agravar aínda máis a desigualdade que existe entre mulleres e homes. As solucións que os distintos gobernos están a pór en marcha, reducindo os salarios, facilitando o despedimento nas empresas e recortando prestacións sociais e laborais, afectan de xeito singular ás mulleres, contribuíndo ao aumento da violencia de xénero. Porque aínda que a violencia contra as mulleres non está relacionada cunha clase social concreta, non é exclusiva de situacións de pobreza e de falta de recursos económicos, non é menos certo que en momentos de crise medra a tensión social e se agudiza a xerarquización de poder duns poucos sobre a maioría.

Ler máis...
 
Protesta de bombeiros pola readmisión de dous compañeiros do Porriño PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 Novembro 2011 23:39

Arredor dun cento de bombeiros de todos os parques do país participaron hoxe na concentración convocada ás portas da Deputación de Pontevedra para reclamar a readmisión de dous compañeiros do Porriño. Os traballadores/as, que levan máis de catro meses en folga, denuncian que a empresa que xestiona os parques provinciais segue sen garantir a estabilidade laboral.

A protesta desenvolveuse entre as 11.00 e as 13.00 horas fronte ao Pazo Provincial e nela participaron bombeiros de toda Galiza, que quixeron amosar a súa solidariedade aos afectados.

Ler máis...
 
A CIG-Administración Pública quere manifestar, unha vez máis, que rexeitará calquera novo recorte PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 Novembro 2011 16:07

A vista das declaracións de Mariano Rajoy, candidato a presidente do Goberno español polo PP nas eleccións do próximo día 20N, e que se recollen na entrevista que hoxe publica o xornal EL Pais, a preguntas relativas á recuperación salarios persoal admón pública, posibeis novos recortes salariais asi como recortes de servizos públicos, dende a CIG-ADMÓN PÚBLICA, (tal e como xa se ten manifestado dentro das posicións da Área Pública da CIG), comunicamos que non estamos dispostos a aceptar nin baixadas, nin recortes salariais e esiximos á recuperación dos soldos, a anulación da contraproducente taxa de reposición e a paralización da amortización directa de miles de postos de traballo.

Ler máis...
 
O TSXG anula os orzamentos de 2009 do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Novembro 2011 12:53

O 27 de abril de 2009, o pleno ordinario do Concello de Verín aprobou unha resolución pola que se aprobaba con carácter definitivo o orzamento xeral do Concello para o exercizo dese ano e o cadro de persoal xunto co anexo de persoal funcionario e laboral, sen admitir nin resolver o escrito de alegacións presentado pola CIG o día 17 de abril do mesmo mes.

A Sección 001 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven agora de ditar sentenza pola que se obriga ao Concello de Verín a acometer unha negociación real coa representación sindical e a realizar unha valoración de fondo das alegacións presentadas pola CIG, como trámite previo á nova aprobación do cadro de anexos de persoal así como das determinacións orzamentarias que lle corresponden.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 48 Seguinte > Final >>

Páxina 48 de 48
Joomla Template Tutorial: by JoomlaShack